Gustaríache unirte ao noso equipo?

Saca o mellor de ti en Serviaula!


Serviaula é unha empresa destinada a prestar un servizo integral ao sector educativo: centros educativos, AFA, CFA, academias de idiomas e outras entidades relacionadas co mundo educativo.

O noso obxectivo é satisfacer todas as túas necesidades e, para conseguilo, estamos á túa disposición.

Temos en stock referencias de todas as editoriais, tanto libros de texto como lecturas de todo tipo. Tamén contamos cunha ampla gama de produtos para material escolar e de oficina, axendas e material personalizado.

Como distribuidores oficiais de Oxford aplicaremos os descontos e condicións que acordaron coa editorial.

Ofrecemos unha distribución personalizada: envíos de pedidos ao centro ou entregas a domicilio, loificados en paquetes individuais para cada alumno, servizo web personalizado para o teu centro... Todo, con posibilidade de realizar entregas inmediatas ou na data sinalada.

Nestes tempos, onde a tecnoloxía está cada vez máis presente, ademais da colaboración do noso equipo humano, administrativo e comercial; Serviaula ofrécelle acceso á nosa web: www.serviaula.com. Unha ferramenta dende a que poderás consultar o estado dos teus pedidos, a trazabilidade dos envíos, consultar a documentación xerada, etc.

Agardamos poder colaborar contigo para axudarche en todas as tarefas da xornada educativa.

Queres traballar connosco? Ben, fai clic no botón de abaixo. A que estás esperando?

Envíanos o teu currículo